Falece a condutora dun turismo tras saírse da vía co seu vehículo en Arteixo

O vehículo envorcou lateralmente e a única ocupante, unha muller de 31 anos, quedou atrapada no interior. Por iso, deberon intervir os Bombeiros de Arteixo, para liberar a muller, aínda que nada puido facerse por salvarlle a vida.

O 112 Galicia soubo do suceso mediante as chamadas de aviso recibidas ao fío das seis da mañá deste sábado. As persoas que alertaron avisaron que o vehículo saírase da vía na Travesía da Pastoriza, á altura do número 18. Igualmente, indicaron que había alguen, inconsciente, no interior do coche, que podería estar atrapado.

Con esta información, activáronse os protocolos correspondentes para que fosen mobilizados recursos de asistencia sanitaria e salvamento. Así, acudiron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Arteixo e Servizo Municipal de Emerxencias, ademais de axentes da Policía Local. 

Con todo, nada puido facerse por salvar a vida da condutora, que resultou falecida, tal e como confirmaron os bombeiros poucos minutos despois do aviso.

Tamén foi necesario activar recursos municipales debido a danos colaterais do accidente, como unha tubaxe de subministro de auga.

Related posts

Santa Comba, Negreira, Narón, Santiago, Carnota, Cedeira e Noia acollen a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa

Presentada en Tordoia a segunda edición da Carreira Camiño da Vía Verde

Charla sobre a soidade non desexada no centro residencial de Arteixo