A deputada provincial do BNG, Ánxela Franco, faleceu este domingo, o que motivou que desde o organismo provincial mostraran “o seu pesar” pola súa morte, sendo Franco responsable no último mandato das áreas de Igualdade e Servizos Sociais. Tiña 57 anos e estaba ingresada no Hospital Clínico de Santiago, afectada dunha enfermidade diagnosticada hai poucas semanas.
Durante estos últimos catro anos desenvolveu “un intenso labor botando a andar programas como “Compartimos Plan”, Plan de Acción de Servizos Sociais «Rede de Concellos para o Benestar» ou “Dicoruna Accesible”, ademais de proxectos para contribuír á eliminación da violencia machista como “Suprime o control” ou “Quen dixo medo”. Tamén era concelleira na súa localidade natal, Porto do Son.
O presidente e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei, e os demais membros do goberno e toda a corporación lamenta a súa morte.
O funeral e posterior enterro terá lugar este luns ás 20:00 horas na parroquia de Santa María de Caamaño.