Falece acoitelado nunha liorta no centro da Coruña un mozo de 22 anos

Fontes próximas ao caso aseguran que a vítima, veciño de Arteixo, recibiu dúas coiteladas, unha no abdome e outra no corazón. O xuíz de garda decretou o segredo das actuacións. Ata o momento o que está confirmado é que a vítima faleceu acoitelada e que a agresión mortal se produciu no transcurso dunha liorta. O corpo estaba tendido no medio da vía da rúa Sinfónica de Galicia, perpendicular á céntrica Juan Flórez.  Non transcendeu o número de persoas implicadas. O 112 recibiu o aviso dun particular minutos despois das seis e media da mañá deste domingo. Inmediatamente a central de emerxencias mobilizou a Policía e un equipo sanitario do 061, que certificou a morte do mozo ao chegar o punto. O equipo de investigación analiza as imaxes captadas polas cámaras de seguridade que hai na zona para tratar de identificar o agresor ou agresores e determinar como sucederon os feitos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha