Falece Alfonso Balseiro, alcalde de Mañón dende hai 34 anos

0 minutes read

Faleceu Alfonso Balseiro, o rexedor popular gobernou o municipio con maioría absoluta 34 anos consecutivos, o que o converte na persoa con máis antigüidade neste cargo en todo o norte da provincia da Coruña. Foi tamén deputado provincial entre os anos 2007 e 2011. Tiña 74 anos e había un tempo que estaba enfermo. O seu pasamento causou conmoción en toda a comarca de Ortegal. Nas redes sociais numerosas mensaxes recordan a súa persoa e destacan a proximidade que mantivo sempre cos veciños do municipio.