Falece o empresario Alfonso Paz-Andrade nun accidente de tráfico en Gondomar

1 minutes read

O histórico empresario vigués Alfonso Paz-Andrade faleceu este luns, aos 80 anos de idade, nun accidente de tráfico ocorrido en Gondomar, concello no que vivía.

Segundo informa o 112, o seu coche bateu contra unha vivenda no lugar da Area. O home, que viaxaba só, quedou atrapado no vehículo e os medios desprazados ao lugar nada poideron facer por salvarlle a vida.

Fillo do intelectual galeguista Valentín Paz-Andrade, fundou en 1970 a empresa Ibercisa e seis anos máis tarde incorporouse a Pescanova. No 2006, abandonou a compañía por diferenzas co seu presidente Fernández de Sousa.

Durante a súa dilatada traxectoria profesional, que o mantiña aínda activo, participou na fundación doutras empresas como a aseguradora A Navieira ou o Instituto Galego de Información. Tamén foi o impulsor da celebración en Vigo da World Fishing Exhibition.