O Real Madrid, club do que era presidente de honor, comunicou o falecemento de Amancio Amaro Varela aos 83 anos. Nacido na Coruña, Amancio está considerado como un dos mellores xogadores da historia do fútbol español. Os inicios de Amancio están vencellados ao Victoria coruñés. De aí pasou ao Deportivo, onde xogou durante catro temporadas. Fíxoo sempre na Segunda División (1958-62) e despediuse en grande, co ascenso a Primeira e proclamándose máximo goleador da categoría con 25 goles. Era o principio dunha gran traxectoria. Ao ano seguinte asina co Real Madrid, onde se converteu nun mito. Alí estivo 14 temporadas, nas que gañou nove Ligas, tres Copas ou unha Copa de Europa, entre outros múltiples trofeos. Gañou dous trofeos como máximo goleador e disputou 471 partidos oficiais (155 goles en total). Coa selección española gañou a Eurocopa de 1964, naquel equipo en que era xunto ao tamén galego Luís Suárez unha das indiscutibles estrelas. En total vestiu a camisola vermella en 42 ocasións.
27