Falece ao quedar atrapado debaixo do motocultor que manexaba en Cedeira


Un home faleceu este sábado ao envorcar o motocultor que manexaba cando realizaba unha manobra marcha atrás. O suceso aconteceu arredor das cinco e media da tarde, segundo fontes dos efectivos de emerxencia. Ademais dos servizos sanitarios, ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros de Ferrol, Protección Civil e Garda Civil, segundo informa o 112 Emerxencias Galicia. A pesar dos esforzos realizados, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa accidentada.