Falece aos 41 anos Virgil Abloh, director artístico de Louis Vuitton

O deseñador estadounidense Virgil Abloh, director creativo da liña masculina de Louis Vuitton, morreu de cancro este domingo aos 41 anos, segundo anunciou o grupo LVHM, ao que pertence esa marca.
Abloh tamén era director creativo da marca Off White, da que LVMH era o accionista maioritario, e sufría cancro desde facía anos, segundo se precisou nesa mensaxe no que se mandou o pésame «a todos os que lle querían». O creador, que se deu a coñecer como asesor creativo do rapeiro estadounidense Kanye West, foi nomeado á fronte da dirección creativa da liña masculina de Louis Vuitton en marzo de 2018, como sucesor do británico Kim Jones.
Abloh apuntou entón que a herdanza e a «integridade creativa» de Louis Vuitton eran fontes de inspiración crave para el e que lles ía a render homenaxe, ademais de tentar tender pontes coa actualidade.

Nacido en Rockford en 1980, fillo de pais emigrados desde Ghana a Estados Unidos, convertera a súa propia marca, Off White, creada en 2012, nunha das máis atractivas para o público novo grazas en parte á súa relación con West e outros cantantes. O estadounidense era tamén coñecido por incluír reivindicacións políticas nas súas pezas. Era titulado en enxeñería civil pola Universidade de Wisconsin e tiña un máster en Arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Illinois.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha