Falece aos 57 anos, Joan Mesquida, exdirector da Policía e da Garda Civil

O político mallorquino Joan Mesquida, exdirector xeral da Policía Nacional e da Garda Civil e exsecretario de Estado de Turismo co PSOE, ademais de vicesecretario segundo da executiva de Ciudadanos, faleceu este luns en Palma aos 57 anos e a consecuencia dun cancro.

A Delegación do Goberno en Baleares manifestou o seu sentido pésame polo falecemento do que fora máximo responsable da Garda Civil e a Policía Nacional e expresou en redes sociais o seu afecto á súa familia, amigos e compañeiros.

Tamén o Concello de Calvià lamentou profundamente o seu falecemento e trasladou un «cariñoso pésame á súa familia e amizades».

Mesquida era funcionario en excedencia do Concello de Calvià e foi director xeneral de Turismo e Proxectos Estratéxicos do municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha