Antonio Castro, xunto a Feijóo e ao actual alcalde José Luis Pérez Añón. Foto: PP de Laxe
23
O concello de Laxe tinguiuse de loito este mércores logo de coñecerse o pasamento aos 87 anos do que fora alcalde durante máis de dúas décadas, Antonio Castro Lema.
“Toñico”, como se lle coñecía entre os seus veciños, faleceu en dependencias sanitarias en A Coruña, onde xa levaba ingresado uns días.
O rexedor máis lonxevo
Castro foi o primeiro alcalde de Laxe da democracia e ata o de agora o que máis anos se mantivo no cargo. Puxo fin á súa carreira política no ano 1999 con polémica por unha marxe estreita de votos co seu rival do PSOE nun asunto que acadou luz coa axuda da xustiza.
Antonio Castro Lema chegou a abandeirar máis dunhas siglas como as de Alianza Popular ou posteriormente o Partido Popular.
Imaxe do finado na homenaxe do PP aos primeiros alcaldes da democracia.