Falece en accidente de tráfico o futbolista do Estremadura José Antonio Reyes

1 minutes read

O exfutbolista internacional José Antonio Reyes (Utrera, 1983) faleceu este sábado nun accidente de coche en Utrera, a súa terra. O futbolista de 35 anos, que este ano militaba nas filas do Estremadura, perdeu a vida nunha saída de vía producida na mañá deste sábado en Sevilla. Conducía o seu vehículo de alta gama e viaxaba acompañado doutras dúas persoas, unha resultou tamén morta e a outra ferida de gravidade con importantes queimaduras. Investíganse as causas do sucedido e crese que un exceso de velocidade podería estar detrás da traxedia.

O Sevilla FC fixo pública a noticia a través das redes sociais. “Non poderiamos ofrecer unha noticia peor. Faleceu en accidente de tráfico o noso querido canteirán José Antonio Reyes. Descanse en paz”, explicou no seu comunicado.