32
Un home de 65 anos faleceu este luns no municipio lucense de Cospeito tras precipitarse desde unha estada, a unha altura duns cinco metros. O suceso tivo lugar no lugar de Vilouriz, na parroquia de Seixas. Ata a zona, segundo informa o CIAE 112-Galicia, desprazáronse sanitarios do 061, que só puideron certificar a morte do home. O falecido era Manolo Lambas, delegado do Racing Club Vilalvés e pai do adestrador Simón Lambas. O equipo expresou, a través da súa conta en X, o pesar por esta noticia.