35
Un home falece no municipio lucense de Navia de Suarna despois de desprazárselle o tractor que manexaba monte abaixo cando trataba de estacionalo no seu garaxe.
Os feitos aconteceron pasadas as catro e media da tarde cando un particular alertou os servizos de emerxencia do accidente. A persoa indicou que o tractor se desprazara monte abaixo cando o home trataba de estacionalo no garaxe.
Ata alí desprazáronse efectivos da Garda Civil, dos Bombeiros de Sarria e dos servizos sanitarios, que nada puideron facer para salvarlle a vida ao condutor.