Falece en Padrón un operario de 22 anos, atrapado por unha máquina

1 minutes read

Un traballador faleceu uns minutos antes das catro da madrugada deste mércores nun accidente laboral nunha nave da empresa Cortizo situada no concello de Padrón.

Unha máquina atrapou e esmagou a vítima, E.D.C. un mozo de 22 anos, e os servizos de emerxencias desprazados ao lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O 061 desprazou unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, outra de soporte vital básico e persoal da PAC de Padrón para atender o home.

Segundo manifestou o 112, tamén interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Padrón, a Policía local e a Garda Civil.