Falece Fran Teixeira, ‘figura indispensable para que o balonmán galego chegara a onde chegou’

O vigués sufría desde facía catro anos cancro de colon, contra o que peleou sen descanso ata o final co apoio da súa familia. E sen renunciar ata o último instante á súa paixón polo balonmán. Seguiu dirixindo ao Chapela ata que hai escasas semanas anunciaba a súa retirada.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, tamén lamentou o pasamento de Teixeira, unha “figura indispensable para que o balonmán galego chegara ata onde chegou”. Neste sentido, lembrou todos os equipos galegos que pasaron polas súas mans e aos que puido transmitirlle a súa sabedoría como Santa Cristina, Lalín, Mercantil, Teucro, Octavio e Chapela, no que militou nestes últimos 14 anos, e enviou unha mensaxe de ánimo a todo o balonmán galego, especialmente aos seus familiares e amigos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha