Falece Manuel Soto, primeiro alcalde de Vigo en democracia

1 minutes read

Manuel Soto Ferreiro faleceu en Vigo aos 75 anos e con el vaise o primeiro alcalde da democracia viguesa. Exerceu como rexedor durante 12 anos, desde 1979 ata 1991, en que tivo que abandonar o cargo tras a negativa de Esquerda Galega a un pacto de goberno, sucedéndolle Carlos Príncipe. Soto foi un líder do socialismo non só na cidade máis grande de Galicia senón a nivel nacional e estatal. Felipe González tíñalle moita estima, e pasará á historia por ser o primeiro alcalde vigués do PSOE e tamén o primeiro socialista defenestrado polas loitas internas. Soto, ourensán pero asentado en Vigo, foi tamén o rostro do PSOE durante anos, aínda que a mediados dos noventa abandonou o partido socialista para embarcarse nunha aventura persoal política que lle durou oito anos máis como concelleiro, aínda que con escaso peso na vida local. Hai uns anos, xa retirado, foille diagnosticado un cancro do que en aparencia logrou recuperarse. Foi tras este verán cando a enfermidade lle golpeou de novo e esta vez de forma irreversible.