Falece no Gran Sol un tripulante do pesqueiro vigués Novo Alborada

1 minutes read

O tripulante faleceu tras caer á auga cando pescaban a 165 millas das illas Sorlingas, no caladoiro do Gran Sol. Trátase dun mariñeiro ghanés de 52 anos que no momento do accidente traballaba na popa do arrastreiro. Segundo informou Salvamento Marítimo, o corpo do pescador falecido foi recuperado da auga este mércores e atópase a bordo do pesqueiro no que traballaba. O barco pertencente á armadora José Cesáreo, diríxese a Vigo, onde ten o seu porto base. Tras coñecerse a noticia, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou o seu pesar pola morte deste traballador e púxose disposición da armadora para prestar “todo o apoio necesario”. O ‘Novo Alborada’ partira rumbo ao Gran Sol o pasado luns 13 de febreiro desde o porto de Marín. Agárdase que este venres chegue ao porto de Vigo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?