Falece no hospital a moza acoitelada na Coruña por un compañeiro de piso

A moza fora trasladada ao CHUAC en estado grave , cando a primeira hora da tarde deste sábado, ao parecer, logo dunha discusión, un mozo compañeiro de piso ubicado no paseo de Ronda, presuntamente, a feriu no pescozo cunha arma branca. Na madrugada deste domingo a moza falecía pola gravidade das feridas, segundo confirmaron fontes do centro sanitario. O agresor tamén tivo que ser atendido polos servizos de urxencias e foi trasladado a dependencias policiais. A investigación segue aberta, pero en principio descártase que sexa un caso de violencia machista, xa que a vítima e o agresor non eran nin foron parella.

Related posts

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material

A Deputación da Coruña dota de novos vehículos a seis entidades sociais da provincia