Falece nun accidente laboral nas Neves ao caer dun guindastre

1 minutes read

Un home de 49 anos faleceu este luns tras caer dun guindastre mentres traballaba na parroquia de Tortoreos, no municipio das Neves (O Condado). Segundo trasladaron fontes da central de emerxencias do 112-Galiza, sobre as 14.30 horas un particular alertaba de que o operario caera desde o guindastre entre un muro e a máquina.

Con esta información, os operadores do 112 solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, que tras recibiren o aviso poucos minutos despois enviaron unha ambulancia asistencial de sorporte vital básico, así como persoal sanitario do centro de saúde das Neves. Os profesionais do 061 precisaron que caera dun chimpín.

Até o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Garda Civil. Con todo, o persoal sanitario que acudiu ao lugar non puido facer nada por salvarlle a vida e o home faleceu no punto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?