Falece o actor Celso Parada, fundador de Teatro do Morcego

Celso Parada faleceu este sábado aos 61 anos de idade por mor dun cancro contra o que loitaba desde comezos de 2018. Coñecido pola súa participación en series icónicas da TVG, como ‘Libro de Familia’, ‘Mareas Vivas’ ou ‘Pratos Combinados’, contaba cunha extensa traxectoria profesional, comezada nos anos 70 e que contou con fitos das táboas galegas como o seu monólogo de «O Lazariño de Tormes» que foi merecedor dun Premio María Casares. A súa carreira foi recoñecida tamén a nivel internacional, pois traballou coa compañía El Galpón en Montevideo, baixo a dirección de Bernardo Galli. Era licenciado el Filología Galego-Portuguesa e contaba cun máster en Arte Dramático.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha