O director, produtor e guionista de cinema faleceu este martes aos 72 anos na súa casa de Madrid, o cineasta faleceu despois dunha longa enfermidade que se acentuou ao terminar a súa última película, á que dedicou os últimos anos da súa vida e que puido rodar grazas ao apoio dun grupo de cómicos devotos do seu cinema, encabezados por Arturo Valls que exerceu de produtor.
O director de ‘Amanece que no es poco'(1989), película de culto que pasou á historia do cinema español, rodou a súa última cinta, continuación desta, ‘Tiempo después’ en 2018.
En 1988, Cuerda, vinculado a Galicia e a Ourense con especial intensidade, foi galardoado co Goya por ‘O bosque animado’, outra das súas películas máis relevantes.
Cuerda (Albacete, 1947) é coñecido tamén por dirixir as adaptacións de ‘A lingua das bolboretas’ (1999) e ‘Los girasoles ciegos’ (2008) e por producir as primeiras películas de Alejandro Amenábar, ‘Tesis’ (1996) e ‘Abre los ojos’ (1997).