Falece o compositor grego Vangelis

Creador de bandas sonoras de películas como ‘Carros de lume’ e ‘ Blade Runner’. Evangelos Odysseas Papathanassiou, coñecido como Vangelis, morreu o pasado martes aos 79 anos, segundo anunciou este xoves o primeiro ministro grego Kyriakos Mitsotakis, aínda que non se especificou as causas da súa morte.
Vangelis, nacido en 1943, foi un compositor prolífico durante moitas décadas. Fusionou experimentación, tradición grega e música coral cristiá ortodoxa, logrando un personalísimo estilo inimitable. As súas creacións de música electrónica para a película «Carros de lume», coa que gañou un Óscar, compoñen unha das bandas sonoras máis coñecidas da década de 1980. Na súa mocidade, despois de montar varios grupos de rock mudouse a París con 25 anos, uníndose a un éxodo de novos artistas que abandonaron Grecia tras o golpe de estado de 1967.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha