40
O condutor dun camión que transportaba combustible faleceu nun accidente que se produciu este mércores na Autovía do Cantábrico (A-8), á altura do municipio lucense de Barreiros, ao chocar o vehículo que conducía con outro transporte de mercadorías e explotar. Segundo os primeiros indicios, o camión que transportaba combustible chocou contra o outro vehículo pesado, envorcou e explotou, o que orixinou un incendio e unha gran fumareda negra que obrigou a cortar o tráfico en ambos os sentidos da circulación.
En canto ao condutor do outro camión, desde o 112 informan de que estaba “liberado e accesible”. O accidente produciuse no quilómetro 527 da autovía, á altura da localidade de Celeiro de Mariñaos.