Falece o condutor dun turismo nun accidente de tráfico en Valga

1 minutes read

O condutor dun coche faleceu na tarde deste domingo nun accidente de tráfico na estrada N-550, o seu paso por Valga. O tráxico suceso produciuse ao saír da vía un turismo. O vehículo colisionou contra un poste do tendido eléctrico. O home quedou atrapado no interior. Os sanitarios que se desprazaron ata o lugar mobilizaron un helicóptero medicalizado pero non se puido facer nada por salvarlle á vida. No accidente interviñeron os Bombeiros do Salnés, o GES de Padrón, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil que realizan o atestado e as investigación sobre as causas do sinistro.