Falece o condutor dun turismo que puido sufrir unha indisposición

Ambulancia Sergas Galicia

O condutor dun turismo resultou falecido este sábado despois de sufrir, posiblemente, unha indisposición e saírse da vía co seu vehículo.

Ocorreu pasadas as once horas na AP-9, ao paso pola parroquia compostelana de Marantes, a onde acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base na cidade sen que puidesen facer nada por salvar a vida da persoa.

Precisamente, as labores de asistencia ao condutor obrigaron a interromper o tráfico, á altura do punto quilométrico 58 en sentido sur.

Foron varias as persoas que chamaron ao 112 Galicia para dar conta dun turismo que se saíu da vía despois de dar algúns bandazos. Decontado, o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona un equipo a bordo do helicóptero. Con todo, nada puideron facer por salvar a vida da persoa, que entrara en parada cardiorrespiratoria.

Este operativo o completaron axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal do control da autoestrada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha