Falece o condutor dun vehículo que colidiu contra outro estacionado en Neda

0 minutes read

Foi un particular quen, dez minutos despois das 13 horas deste xoves, informou ao 112 Galicia do accidente: un coche colidiu contra outro estacionado cando circulaba polo quilómetro 2 da AC-115, en Neda. Pola natureza do accidente, o propio alertador explicou que podía tratarse dunha indisposición previa do condutor implicado, e que este permanecía inconsciente. De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil de Tráfico. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.