22
Un condutor de 27 anos morreu este luns no lugar da Silva despois de caer por un terraplén e envorcar co coche que conducía. Ata alí acudiron os bombeiros de Ordes, que tiveron que liberar o corpo da vítima. Os servizos sanitarios desprazados só puideron certificar o seu falecemento. O accidente produciuse ás dez e cuarto da mañá na estrada AC-400 que une Cerceda co lugar da Silva. Por motivos que se están a investigar, o condutor e único ocupante do vehículo saíu da vía e envorcou. Segundo informa a central de emerxencias 112, os servizos sanitarios que se desprazaron só puideron confirmar a morte do home. Tamén acudiron axentes da Garda Civil, policía local e Protección Civil de Cerceda.