Falece o condutor dun vehículo tras colisionar contra un establecemento en Ferrol

Sobre as sete da tarde deste luns un vehículo colisionou cun establecemento situado na estrada de Castela en Ferrol. Nese momento o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia comunicaba o suceso aos xestores de Emerxencias. Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local de Ferrol, e tamén avisaron os Bombeiros municipais e os membros de Protección Civil. Pouco despois os servizos sanitarios confirmaban ao 112 o falecemento do condutor do vehículo accidentado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha