39
O pequeno de 13 anos que resultou ferido grave ao lanzarse á auga en Baiona faleceu este domingo. O menor, natural de Tomiño, tirárase ao mar desde unha rampla de varado a carón do paseo marítimo, nunha zona de pouca profundidade onde o concello prohibiu o baño despois do accidente.
Os seus amigos foron os primeiros en acudirlle e sacárono da auga. Deseguido fora trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e de aí evacuado en helicóptero á unidade de lesións medulares do Complexo Hospitalario da Coruña, onde finalmente acabou falecendo.