Falece o ocupante dun turismo accidentado en Lugo, tiña 23 anos

1 minutes read

Segundo informaba a Garda Civil, o vehículo no que viaxaba de copiloto o mozo foise da vía pola marxe esquerda e logo envorcou no quilómetro 7,5 da estrada LU-P-2902.  O condutor do coche, un Peugeot 307, quedou ferido. O sinistro producíase este sábado sobre as 11:00 horas no lugar da Ponte, na parroquia lucense de Ombreiro. Nese punto, o condutor perdeu o control do vehículo, polo que se saíu da vía pola marxe esquerda e envorcou nunha leira con arboledo. O condutor ferido foi trasladado a un centro médico en ambulancia. Ata o lugar do sinistro trasladouse unha patrulla do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, que abriu unha investigación para tratar de esclarecer canto antes as circunstancias do sinistro.