5
O operario dun serradoiro situado no concello de Carral faleceu este sábado mentres traballaba nas instalacións. Un compañeiro alertou o 112, pero os servizos de urxencia só puideron certificar a súa morte. Segundo fontes próximas aos feitos, o operario sufriu un desmaio mentres traballaba, polo que apuntan a causas naturais como motivo da morte. En todo caso, as forzas da orde tentan esclarecer as causas do sucedido.