Falece o xornalista galego Pepe Domingo Castaño aos 80 anos

1 minutes read

O xornalista galego Pepe Domingo Castaño faleceu na madrugada deste domingo de xeito repentino aos 80 anos nun hospital de Madrid. Nado o 8 de outubro de 1942 en Lestrove, no concello de Dodro, trasladouse a Padrón sendo neno e viviu alí a súa infancia e parte da xuventude.

Durante as últimas décadas, Castaño converteuse nunha das voces máis recoñecidas da radio española, sobre todo no ámbito deportivo.

Presentador-animador do programa “Tiempo de Juego” da Cadea Cope, traballou tamén na Ser, na TVE ou na TVG, onde presentou o primeiro programa en prime time, “Boa Noite”, que comezou a emitirse o 2 de setembro de 1985.

Hai pouco, a localidade de Padrón, dedicoulle a praza na que xogaba cando era neno. Tamén foi nomeado fillo predilecto de Dodro, o seu concello natal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?