Ricardo Vilas Otero (setembro de 1946) faleceu este sábado. Ricardo estivo ligado dende épocas da transición á vida social e política da capital de Bergantiños. Formou parte como concelleiro da primeira corporación municipal saída das urnas no ano 1979 nas filas da UCD (Unión de Centro Democrático) e máis tarde da coalición de Alianza Popular, Partido Demócrata Popular, Unión Liberal, con José Sánchez Vilas como alcalde da vila. Acto seguido foi un dos fundadores do corpo de Bombeiros Voluntarios, membro da Comisión de Festas, da Coral de Bergantiños e presidente do Casino, entre outros. No 2019 reincorporouse a política local, nas filas do Partido Popular, sendo elexido concelleiro, posto que uns meses máis tarde abandonaría por motivos persoais. Os seus restos mortais están sendo velados no tanatorio carballés Pompas Fúnebres de Bergantiños, sala 6, este luns ás cinco da tarde será o funeral na igrexa parroquial de San Xoán Bautista, e acto seguido será incinerado na intimidade familiar.
50