A casa onde se produciu o accidente laboral está no lugar de Areal , no concello de Padrón. Segundo nos contan fontes próximas ao dono da vivenda pai e fillo dunha pequena empresa familiar de Pazos, estaban conversando de costas cando, de súpeto, un muro de pedra caeu enriba do proxenitor. O fillo dou a volta e xa o atopou sepultado. Nese momento acudiu ao bar máis próximo a pedir axuda.
Nada máis recibir a alerta do ocorrido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do GES e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón, dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez no lugar do accidente laboral, os servizos de emerxencia liberaron ao operario atrapado e, malia os esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.