Un veciño do concello de Boiro, de 32 anos, faleceu na madrugada deste sábado despois de precipitarse ao mar o coche que guiaba. Ocorreu no porto de Escarabote, en Boiro. Un particular avisou de que un coche se precipitara á auga dende o alto do peirao, e aínda que un mergullador local tratou de chegar ata o vehículo, finalmente non se puido rescatar o condutor con vida. Horas máis tarde os especialistas en actividades subacuáticas da Garda Civil axudaron a estabilizar o vehículo para poder recuperalo coa axuda dun guindastre e recuperar o corpo do falecido. A Garda Civil de Tráfico investiga as circunstancias do sinistro.
Falece tras caer ao mar co coche no peirao de Escarabote
Momento no que o guindastre retira o coche da auga