Falece un bañista en As Catedrais

1 minutes read

Un home de 50 anos de idade e veciño da localidade madrileña de Alcalá de Henares faleceu a última hora da tarde deste xoves na praia de As Catedrais en Ribadeo cando se estaba bañando en compañía dos seus fillos. O suceso posiblemente produciuse por causas naturais, xa que o home, segundo algunhas testemuñas do sucedido, atopábase moi preto da beira, nun lugar no que a auga apenas lle cubría polo xeonllo. Todo indica que esta persoa nalgún momento se sentiu mal e esborrallouse. Os seus familiares que lle acompañaban e outras persoas que estaban na praia avisaron de inmediato ao 112 que mobilizou a un equipo do 061 que lle practicou as correspondentes manobras de reanimación cardiorespiratoria pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.