Falece un bebé nunha escola infantil de Ourense

0 minutes read

A policía xudicial e os técnicos forenses da científica, investigan no lugar as circunstancias do falecemento dun bebé nunha escola infantil da cidade de Ourense. Todos os indicios apuntan a un caso de morte súbita do bebé. Ao parecer a coidadora achegouse a el para cambiarlle o cueiro e atopouno sen vida. A autopsia determinará as causas da súa morte.