Falece un can no incendio dunha vivenda en Santa Comba

Unha situación de emerxencia tivo lugar na mañá deste venres no lugar de Salgueiroas, no concello de Santa Comba. Arredor das 07:30 horas un particular contactaba co 112 Galicia indicando que estaba vendo lume ao lonxe, na súa comunicación informa de que non pode dicir exactamente se se trata dunha casa ou dun galpón que hai a carón da vivenda. Recollida esta información, os xestores do CIAE-112 Galicia pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, aos membros do GES de Brión, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Santa Comba.

Con todo, unha vez os bombeiros remataron a súa intervención, informan que o incendio produciuse no teito da vivenda e, a maiores, ardeu a casa case por completo. Engaden que no momento do incendio non había ningunha persoa no interior, aínda que desgraciadamente, un can falecera.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha