46
Un cazador de 21 anos perdeu a vida este domingo en Chandrexa de Queixa ao disparárselle de xeito accidental unha escopeta. Ocorreu no Alto dos Chaos, na parroquia de Requeixo.
Un compañeiro do cazador alertaba do ocorrido ao 112 Galicia.
Nada máis ter constancia do sucedido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Protección Civil da localidade, do GES de Castro Caldelas e da Garda Civil. Ademais, os xestores do 112 Galicia informaron dos feitos ao GES de Laza.
Unha vez no lugar e, a pesar dos esforzos, os servizos médicos nada puideron facer por salvar a vida do cazador.