47
Os feitos ocorreron á última hora da tarde deste domingo no lugar de Foncuberta, no concello ourensán de Maceda. O ciclista, de 72 anos, faleceu atropelado por un turismo que viña da novena do Santuario dos Milagres. Malia que ata o lugar se achegou o helicóptero de emerxencias e unha ambulancia non puideron facer nada por salvarlle a vida. A Garda Civil de Tráfico trata de esclarecer o ocorrido e as circunstancias nas que se produciu o sinistro.