Falece un ciclista en Santa Comba atropelado por unha ambulancia

1 minutes read

Un ciclista faleceu na tarde deste xoves en Santa Comba mentres circulaba pola AC-546 á altura do lugar de Fontecada. O home foi atropelado por unha ambulancia e perdeu a vida no acto. Segundo as primeiras investigacións, o ciclista tratou de facer un xiro á esquerda e case impactou con outro coche, foi ao rectificar esta manobra cando o condutor da ambulancia impactou con el sen poder esquivarlle a pesar de que se botou á cuneta. A ambulancia trasladaba a unha muller en dirección á Pereira-Muxía. Os Bombeiros puideron sacala do vehículo sanitario sen que fixese falta excarcerala. Tras o aviso dun particular que presenciou o atropelo e que alertou ao 112 Galicia, mobilizouse aos Bombeiros, Urxencias Sanitarias, a Garda Civil, a Policía Local e a Protección Civil de Santa Comba.