Falece un ciclista logo de sufrir unha caída en Cangas

O accidente rexistrouse no quilómetro 4 da estrada EP-1002, en Erbello, pertencente á parroquia de Aldán (Cangas).

Foi un particular quen, ao fío das 13 horas, contactou co 112 Galicia e explicou que un ciclista acababa de sufrir unha caída. O ferido precisaba asistencia sanitaria urxente, pois permanecía inconsciente no momento do aviso.

Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas.

Desde Urxencias Sanitarias confirmaron que estaban a mobilizar o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Malia os esforzos dos servizos de emerxencias por reanimar á persoa, finalmente só se puido confirmar o seu falecemento.

Related posts

Falece un home no Porriño ao caerlle enrima unha árbore que estaba a cortar

Un morto e un ferido nun choque entre dous vehículos en Taboada

Medio Rural amosa ao sector forestal as súas ferramentas de última xeración para loitar contra o lume