Falece un ciclista tras ser localizado insconsciente en Salcedo

1 minutes read

O 112 Galicia tivo constancia do suceso trala chamada de alerta de diversos particulares ao fío do mediodía deste luns. Nesta chamada os alertantes indicaban que atoparan a un ciclista inconsciente caído no chan en Salcedo, Pontevedra.

Decontado, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Pontevedra, da Policía Nacional e Local, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil de Pontevedra.

Cando chegaron ao lugar, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?