38
Un condutor perdeu a vida este venres ao bater co seu vehículo contra un muro na Guarda. En concreto, o sinistro produciuse na Rúa José Antonio Lomba Camiña, na parroquia de Salcidos, preto das cinco desta tarde.
Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración. Unha vez fóra do coche, os servizos de emerxencia sanitarias intentaron reanimala, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.