Falece un condutor na Fonsagrada ao saírse da vía co vehículo que conducía

Ambulancia medicalizada

O condutor e único ocupante do turismo saíuse da vía cando circulaba ao seu paso polo lugar de Cabreira, en Monteseiro, no concello lucense da Fonsagrada.

Dez minutos antes das sete da tarde deste domingo, un particular contactaba co 112 Galicia para informar dun coche envorcado na estrada que une A Fonsagrada e Grandas. Advertía que, posiblemente, a persoa estaba no interior do vehículo.

De inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil de Tráfico. Tamén, os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados polo 112 Galicia.

Nada máis chegar ao punto, os axentes confirmaron o falecemento do condutor. Indicaron ademais que a persoa estaba accesible polo que tampouco era preciso o uso do material de excarceración.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha