Falece un condutor nun accidente múltiple na autovía do Barbanza

A autovía do Barbanza rexistraba sobre as nove da noite deste venres un grave sinistro de circulación con tres vehículos implicados á altura da parroquia boirense de Lampón. Faleceu unha persoa e outras dúas quedaron feridas.

Por causas aínda sen determinar, chocaron dous turismos que circulaban en dirección a Ribeira. Un deles quedou envorcado e atravesado na estrada, no medio da traxectoria dunha furgoneta que transitaba uns metros atrás e que non puido esquivalo.

No coche que recibiu o brutal golpe ían dúas persoas. O condutor, duns cincuenta anos, quedou ferido moi grave e, malia os auxilios médicos, acabou falecendo no lugar do accidente. Con el viaxaba outra persoa que puido baixar do coche polo seu propio pé.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha