Falece un condutor que se saíu da vía logo de sufrir unha indisposición en Silleda

Ocorreu na parroquia silledense de Dornelas e os servizos de emerxencias indicaban que o falecido sufrira unha indisposición previa ao accidente.

Eran as 11:15 horas deste domingo cando o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 se puxo en contacto co 112 Galicia para informar do ocorrido: un coche sufrira unha saída de vía no desvío a Dornelas da estrada xeral de Silleda.

A Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Silleda desprazáronse rapidamente ao lugar, así coma o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que foi mobilizado polos servizos sanitarios.

Malia os esforzos por reanimar ao home, o persoal médico acababa confirmando o seu falecemento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha