- O incidente produciuse preto das 14:45 horas deste luns
Un home perdeu a vida nun accidente cun tractor no Faramello, en Teo, ao quedar atrapado entre o vehículo e unha parede. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que empregar o material de excarceración para liberalo.
O incidente sucedeu preto das 14:45 horas, e foi un particular quen contactou con Emerxencias.
O 112 Galicia alertou do accidente ao 061, aos Bombeiros de Santiago e de Ordes, aos efectivos do GES de Padrón e da Estrada, aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Teo e da Estrada e aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.