Falece un home ao sufrir un accidente cun tractor nunha finca en Toques

1 minutes read

Un home perdeu a vida a causa dun accidente de tractor na parroquia coruñesa de San Martiño de Oleiros, concello de Toques, na Coruña.

Ao fío das 14:00 horas da tarde deste domingo, unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia tras localizar nunha finca a unha persoa debaixo dun tractor envorcado. Co fin de mandar a axuda á maior brevidade posible, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron ao alertante o envío das súas coordenadas a través da aplicación de mensaxaría instantánea, Whatsapp.

Nada máis ter constancia da localización, os servizos de emerxencia, alertados polo 112 Galicia, puideron acceder ao lugar do accidente seguindo ás indicacións facilitadas. De esta forma, puideron intervir os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias e os Bombeiros de Arzúa.

Desafortunadamente, tras chegar ao punto onde se produciu o sinistro, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.

Os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento tiveron que levantar o vehículo para liberar á vítima.

Co obxectivo de determinar as circunstancias do suceso, tamén acudiron ao punto os axentes da Garda Civil.