Falece un home atopado malferido por un disparo na Laracha

A voz de alarma dábase a última hora da tarde deste martes, cando familiares e amigos non lograban contactar coa vítima e esta ademais non acudiu ao seu traballo habitual. As forzas de seguridade alertadas por unha denuncia interposta este mércores puxeron o foco de atención nun piso que o agora falecido habitaba en pleno centro da Laracha. Inspeccionada a vivenda atopáronse cun rocho pechado por dentro ao que tiveron que acceder tirando a porta abaixo. Alí atopáronse a esta persoa cunha ferida na cabeza e un arma de fogo ao seu lado. Evacuado de urxencia falecía ás poucas horas no hospital. A Policía Xudicial da Garda Civil investiga o ocorrido. O home, de mediana idade, era moi coñecido, aínda que natural de Bergondo, a súa familia política está ligada á Laracha e ao club de fútbol local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha